CALASANZ - ESCOLA DE FÚTBOL naceu coa finalidade de cubrir un oco importante dentro do fútbol base coruñés, a estrutura do fútbol dos máis pequenos cambiou e o Club Deportivo Calasanz non se quere quedar atrás. Pasouse dun método tradicional, que no pasado deu o seu resultados pero que na actualidade vaise quedando obsoleto aos poucos, a un método baseado en estudos no que se nos mostra cal é o camiño para seguir cos nen@s. Esta metodoloxía é moito máis pedagóxica e adecuada para as distintas idades que engloba ademais, do traballo técnico- táctico, a transmisión de valores educativos, sociais e formativos aos mozos que nun futuro moi próximo serán cidadáns adultos.
Tanto os dirixentes da Escola, como o formador e os pais deben saber que os nen@s entre 6 e 12 anos dunha Escola de Fútbol pertencen á xeración máis influenciable e moldeable que temos na sociedade e non só do punto de vista da aprendizaxe técnica, táctico, cognitivo e físico. Adestrar aos nen@s significa máis ben formar e formar é monitorear permanentemente a súa conduta co obxectivo de que o alumno adquira non só habilidades, capacidades e coñecementos específicos de fútbol, senón a través deles construír hábitos e actitudes correctas que lles axudan no campo de xogo como na vida. Así o obxectivo principal de calquera Escola de Fútbol debe de ser, antes de “fabricar” bos futbolistas, formar e conseguir mellores persoas.
Hai que ensinar aos nen@s a pensar, non dicíndolles sempre como resolver os problemas que se lles presentan, formando grupos de acordo ao seu nivel técnico. O nen@ non é un adulto en miniatura, por tanto non podemos adestralo como a un profesional, o seu adestramento ten que estar adecuado á súa idade e desenvolvemento.
Adestradores, dirixentes e pais non preocuparse por gañar títulos, débese de traballar para que melloren os nen@s de forma integral, tanto deportivamente como educativamente. Os resultados non son o obxectivo que persegue a escola, senón a formación persoal de todos e cada un dos nen@s.